19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO

 


Home / Os Socialistas de Teo no Concello / Xestión dos Socialistas de Teo / RETRIBUCIONS DOS/AS CONCELLEIROS/AS DE T

Xestión dos Socialistas de Teo

RETRIBUCIONS DOS/AS CONCELLEIROS/AS DE TEO

CASE 250.000 EUROS AO ANO EN DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS E PERSOAL DE CONFIANZA

 

O PSOE de Teo rexeita ás retribucións aos concelleiros con dedicación exclusiva, que supoñen un total de 190.507 euros ao ano.

 

Se lle sumamos os dous cargos de persoal de confianza, o montante final é de 248.005 euros/ano, 41 millóns das antigas pesetas.

 

Desde o PSOE de Teo defendemos que a situación económica da sociedade de Teo do ano 2011 non é a mesma do ano 2007, e que desde un punto de vista ético, é inadmisible estas retribucións.

 

Defendemos que o principal partido de oposición debe contar cunha dedicación exclusiva ou parcial a fin de pode levar a cabo as súas funcións de representación. Esta é unha postura defendida polos socialistas desde hai anos, con independencia das siglas deste partido.

 

O PSOE de Teo apoiou, en cambio, o recorte nas retribucións dos/as concelleiros/as sen dedicación exclusiva, como medida de aforro nun Concello coma o de Teo, que se atopa nunha situación de déficit económico. 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Centro comercial Os Tilos, Rúa Castaño, numero 10, local 35- Teo (A Coruña)
E-mail: psoeteo@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera