21 de agosto de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO

 


Home / Agrupación Socialista de Teo / Comisión Executiva Local / PESAR DO PSdeG DE TEO POLO FALECEMENTO D

Comisión Executiva Local

PESAR DO PSdeG DE TEO POLO FALECEMENTO DE CARLOS TERUEL ARAGONES

15/11/2012

 

A Agrupación Socialista de Teo manifesta o seu gran pesar polo falecemento hoxe en Santiago de Compostela de Carlos Teruel Aragonés, militante, primeiro do PSC e despois do PSdeG-PSOE e traballador incansable na defensa das ideas socialistas desde a ditadura franquista ata hoxe en día. A Executiva do PSdeG de Teo quere trasladar á súa familia e amigos as súas condolencias e apoio nestes momentos. 

Queremos destacar a súa labor nestes últimos tempos na Agrupación de Teo, ocupando a Secretaría de Acción Electoral na Comisión Executiva Municipal, compartindo, sempre cunha xenerosidade inmensa, unha parte da súa extensa experiencia neste eido.

Home dunha longa traxectoria no partido, para a nosa Agrupación sempre representou o compromiso –con maiúsculas- dun socialista coas ideas de solidariedade, xustiza social e igualdade, e a responsabilidade que cada militante do noso partido debe ter coa sociedade, cun afán sempre progresista.

O velorio instalarase hoxe, xoves 15 de novembro, a partir das 17 h, no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Mañá, venres 16, terá lugar un acto cívico ás 14 h, no propio velorio para posteriormente proceder a súa a incineración, na mais estrita intimidade, no Cemiterio de Boisaca. Así mesmo, por vontade da familia, só se recibirán ramos de rosas vermellas. 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Centro comercial Os Tilos, Rúa Castaño, numero 10, local 35- Teo (A Coruña)
E-mail: psoeteo@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera