21 de agosto de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO

 


Home / Os Socialistas de Teo no Concello / Plenos Municipais (GSI) / MOCION PARA A MELLORA DO TRANSPORTE ESCO

Plenos Municipais (GSI)

MOCION PARA A MELLORA DO TRANSPORTE ESCOLAR EN CAMPOS DE MIRABEL

Iniciativas socialistas no Concello e no Parlamento de Galicia

 

20/11/2014

 

Un grupo de nais e pais do CEIP A Igrexa de Calo leva dende 2010 reivindicando a creación dunha nova parada (ou a creación dunha nova ruta) para dar servizo aos veciños e ás veciñas da Urbanización Campos de Mirabel, unha urbanización emerxente e na que viven moitas parellas novas con nenos en idade escolar. Os datos cos que contamos na actualidade (segundo un informe do propio concello de Teo) dinos que nesa urbanización viven na actualidade 67 nenos e nenas en idade escolar (entre 0 e 12 anos).

O PSdeG-PSOE de Teo optou por levar esta problemática ao Parlamento de Galicia, a través do grupo parlamentario socialista, que en data 14 de novembro de 2014, presentou sendas preguntas sobre a cuestión. Como sinala Uxía Lemus, concelleira do PSdeG-PSOE de Teo, “A moción presentada para o seu debate no Pleno de Teo pretende complementar estas iniciativas parlamentarias. O obxectivo é que pola presión das peticións da veciñanza afectada e o acordo plenario, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adopte medidas da forma mais urxente posible en canto á creación dunha nova parada ou dunha nova ruta no transporte escolar dos nenos e nenas residentes na urbanización Campos de Mirabel, en Calo, e escolarizados no CEIP A Igrexa de Calo”.

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Centro comercial Os Tilos, Rúa Castaño, numero 10, local 35- Teo (A Coruña)
E-mail: psoeteo@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera