O martes 9 de decembro, a partir das 16:30, na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia, Vicente Docasar defenderá a necesidade dunha nova ruta para os nenos e nenas que residen en Campos de Mirabel e que asisten ao CEIP A Igrexa de Calo. Un problema que apareceu no 2010 e que se agrava ano tras ano, xa foi obxecto dunha moción socialista no Concello de Teo, que foi aprobada por unanimidade